Milleiros de troitas volven darlle vida ao río Xunco

Solta masiva desta especie para conservar o ecosistema e repoboar o cauce deste río.

Solta de troitas no río Xunco / Concello de Cervo

50.000 exemplares de alevíns de troita viven xa no Río Xunco, en Cervo. Unha solta masiva que ten por obxectivo rexenerar esta vía fluvial, moi tocada logo de detectarse medio milleiro de troitas e reos mortos a raíz dun vertido xa identificado.

Por iso, estes milleiros de troitas tamen teñen coma obxectivo concienciar sobre a necesidade de manter os nosos ecosistemas na mellor das condicións. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, participaron este mércores, co delegado territorial da Xunta, Javier Arias, na solta destas especies.

Estas troitas veñen reforzar, segundo apuntaron, “o hábitat natural do noso río, contribuíndo á súa repoboación e a protección da biodiversidade da contorna”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here